Fachada revestida en monocapa o cotegran
Este tipo de fachadas presentan problemas de suciedade, de filtración, degradación de armaduras, desconchados, etc. Algunhas destas fachadas son pintadas ou hidrofugadas para mellorar a estética do edificio.
As fachadas pintadas, con pintura impermeable producen o efecto conocido como "barreira de vapor", é decir, a auga da choiva non entra na vivenda pero a humidade da vivenda pode condensar sobre o muro si hai un defectuoso aislamento na cámara de aire. Neste caso podese decir que a humidade entra directamente pola porta ou as fiestras da vivenda.
Pintar ou hidrofugar unha fachada dun edificio pode ocasionar un aumento considerable da degradación do muro por carbonatación do morteiro e un problema de condensación nas vivendas.
A absorción de auga producese por capilaridade, absorción higroscópica e a condensación. Iso quere decir que estas fachadas mollanse pola noite se a humidade ambiental é alta.
O máis importante deste tipo de fachadas é que non presente defectos constructivos. Como van a mollarse xa sexa pola choiva, xa sexa polo orballo da noite, etc. É importante que esta humidade non entre no interior da vivenda. Facer pipetas de aireación, pintar a fachada, hidrofugala, etc. Non vai resolver os posibles defectos constructivos da vivienda, señalo seguidamente estes defectos asociados:
- Aparición de humidades nas paredes.
- Roturas e desconchados.
- Oxidación da armadura do formigón.
- Formación de manchas salinas, de óxido, de suciedade, etc.
- Aparición de musgo, líquens, algas, etc.
- Corrosión química por acción das choivas ácidas.
- Destrucción da fachada nas zonas que presentan estas patoloxías.
Absorción de auga por capilaridade.
Hai capilares pequenos, menores a 10-7 m, que non permiten o movemento da auga pero si permiten o movemento do aire. Os capilares que teñen un diámetro entre 10-4 m e 10-7 m, permiten o movemento da auga. Os capilares cun diámetro maior a 10-4 m presentan un problema de filtración directa. O cálculo dos coeficientes de absorción da auga realizanse conforme á norma internacional ISO 15148.
Un muro revestido en monocapa ou cotegrán ten unha enorme capilaridade. É un absurdo facerlle pipetas de aireación xa que o aire circula libremente a través do muro. Esas pipetas de aireación só teñen sentido si ese muro é pintado.
Absorción higroscópica por capilaridade.
Esta característica é a tendencia a absorber vapor de auga. A cantidade de auga absorbida depende de moitos factores. Os máis importantes están relacionados coa humidade ambiental, a baixada térmica e a composición química do morteiro.
O noso tratamento consiste en sellar a rede capilar para evitar filtracións debido a choiva e evitar a condensación.
Pode ver máis exemplos de como se comporta o tratamento en diferentes tipos de fachadas na sección de obras de referencia. Si desexa máis información faga a sua consulta na sección Contacto.